28/06/17

Marxes fílmicas: Irán

O cine feito en Irán sobrevive con orgullo desde hai case un século a unha sucesión continua de avatares políticos, conflitos bélicos e xeitos de censura.

Grazas ao secular emprego da metáfora, da parábola e do simbolismo, inseridos na súa tradición narrativa, foron quen de superar o aislacionismo e as prohibicións, e configurar unha filmografía que avanza e progresa, incorporando elementos definitorios recoñecibles por unha maioria de públicos que agardan as estreas dous seus filmes multipremiados en todo o mundo.

Lembremos as verbas do mestre Abbas Kiarostami cando recibiu a Palma de Ouro en Cannes 2015 pola sua película Copia certificada (Francia, 2010): "Dóeme moito o que pasa na miña patria, pero non podo deixala". O seu filme rematará vetado e coa prohibición de rodar durante 2 anos pola indumentaria de Juliette Binoche.

Benvidas sexan as «» baixo a suxestión das Noites Persas no patio do de .

Benvidos a unha breve e intensa viaxe por 4 exemplos que agardamos gocen.



«Marxes Fílmicas: as noites persas» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Os filmes proxéctanse na primeira e segunda semana deste mes, os luns e mércores, os días 3, 5, 10 e 12 de xullo do 2017 nunha única sesión, ás 22:00 h. en VOSE (Agás a proxección do día 5 de xullo, que é subtitulada ao galego - VOSG) e acceso de balde.

De seguido o detalle da programación:




3 Xullo 2017
luns

«Gaav» · A vaca

Dirixida por · (1969)
Gaav é a historia de Gholam-Hossein Saedi, orgulloso propietario dunha vaca nunha aldea pobre. Un día, cando está de viaxe de negocios, a vaca morre de xeito inesperado. En lugar de dicirlle a verdade, os demais veciños finxen que a vaca só se extraviou. Hassan, cuxa identidade e posición social dependen tanto da vaca, obsesiónase con atopala ata tolear.

Cando entrou o réxime relixioso de Jomeini, o cine ao igual que a música e as artes, parecía condenado á extinción por ser unha mala influencia. Din que este filme, ao velo Jomeini, salvouse da quema.

Dariush Mehrjui Foi membro fundador do movemento “nova onda iraní” na década de 1970. A súa segunda película, Gaav (A vaca) considérase a primeira película deste movemento, que tamén incluíu a Masoud Kimiai e Nasser Taqvai. A maioría das súas películas están inspiradas na literatura e adaptación de obras de teatro e novelas iraníes e estranxeiras.


SESIÓN:
COTA:
  22:00 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



5 Xullo 2016
mérc.

«Bicycleran» · O ciclista

Dirixida por · (1987)
Nassim, un refuxiado afgano, necesita diñeiro para pagar as facturas do médico da súa muller. Un axente de negocios de mala fama propón astutamente que Nassim, compita nun maratón en bicicleta. A esperanza depende da habilidade de Nassim para percorrer en círculo unha zona pouco extensa nos arredores da cidade 24 horas ao día durante unha semana. Xogadores, músicos de rúa e corredores de apostas utilizarán o sufrimento de Nassim no seu propio beneficio.

SESIÓN:
COTA:
  22:00 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



10 Xullo 2017
luns

«Nema-ye Nazdik» · Primeiro plano

Dirixida por · (1990)
O iraní Abbas Kiarostami mestura documental e drama a través dunha historia no que un fanático do cine finxe ser o reputado director Mohsen Makmalbaf.

Primeiro plano é puro cine. Movéndose nos límites que separan á realidade da ficción consegue en todo momento manter ao espectador marabilladamente atento á narración.

SESIÓN:
COTA:
  22:00 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



12 Xullo 2017
mérc.

«Nahid» ·

Dirixida por · (2015)
Nahid é unha nova divorciada que vive soa co seu fillo de dez anos nunha cidade do norte de Irán xunto ao Mar Caspio. Conforme ás normas que rexen a sociedade iraní, a custodia dun fillo lle corresponde ao pai, aínda que neste caso o seu ex marido cedeulla, a condición de que non se volva a casar. A relación entre Nahid e outro home que a ama apaixoadamente, e desexa casarse con ela, complicará a súa situación como muller e como nai.

SESIÓN:
COTA:
  22:00 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



E...en breve, daremos conta do cine do verán(con algunhas novidades).
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios e a axuda que poidades facer, na súa difusión.

(horarios CUT+2)

Publicar un comentario