27/04/17

Programación de maio a xuño de 2017

«ciclo Magníficos»

Filmoteca CGAI

Extra: III ciclo de Cinema e Medicina


Despois da primavera, podes escoller entre o que está a florecer, ou sexa; elixir entre as mellores flores, que agroman da primavera. Os mulsumáns o chaman Ihsan, e ven a ser tamén o areté grego, que significa elixir a unha persoa, coas aptitudes excepcionais para un fin.

Pak Chan-Wook, Jim Jarmusch, Robert Guédiguian, Asghar Farhadi, Jean Pierre e Luc Dardenne e Paolo Virzí, son os nosos magníficos, con aptitudes excepcionais e unha chea de premios na súa carreira, que conforman a nosa despedida da primavera, elixindo flores de paixón, poesía e ledicia, para saudar a chegada do verán.




«Magníficos» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Como sempre, podes consultar toda a programación no avance visual [.mp4 • 20'7 MB]


(Atentos, ao horario especial, do 3 de maio)



  3 Mai. 2017
Mérc.

«Ah-ga-ssi» A doncela

Dirixido por · (2016)
Corea, década de 1930, durante a colonización xaponesa. Unha moza, Sookee, é contratada como criada dunha rica muller xaponesa, Hideko, que vive recluída nunha gran mansión baixo a influencia dun tirano. Sookee garda un segredo, e coa axuda dun estafador que se fai pasar por un conde xaponés, planea algo para Hideko.

Premios
2016: Festival de Cannes: Sección oficial a concurso
2016: Festival de Sitges: Premio do Público


SESIÓNS:
COTA:
 18 ·e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



8 Mai. 2017
Lun.

«La Mort de Louis XIV» A morte de Luís XIV

Dirixido por · (2015)
Ano 1715. No retorno a casa, Luís XIV sente unha dor aguda na perna. Quince días máis tarde, atópase en cama en Versalles. Este é o comezo da lenta agonía do rei máis grande de Francia, rodeado dos seus máis fieis súbditos.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



  10 Mai. 2017
Mérc.

«Paterson» ·

Dirixido por · (2016)
Historia sobre un condutor de autobús e poeta afeccionado sobre as pequenas cousas chamado Paterson, que vive en Paterson, Nova Jersey.

Premios
2016: Festival de Cannes: Sección oficial longametraxes a concurso
2016: Premios David dei Donatello: Nomeada a Mellor filme estranxeiro

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



15 Mai. 2017
Lun.

«Hoax_canular»

Dirixido por · (2013)
Como sobrevivir ao cabo do mundo? Os mozos desta película de found footage (metraxe atopado) discuten os seus plans e expectativas nunha serie de vídeos en liña. Algúns deles pensan que poden sobrevivir, outros se abrazan ao final. Ás veces, parodia, ás veces aterradoramente real.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



22 Mai. 2017
Lun.

«Contrafaces»

Dirixido por · (2015)
A canadense Erin Moure descubriu ás súas orixes galegas hai 20 anos, o que rematou por mudar a súa vida e a súa poesía. En Islandia, Elías Knörr é un recoñecido poeta. Durante anos conseguiu manter oculta a súa identidade, agora explora novos camiños de creación. Iolanda anda na procura da súa propia voz dende que descubriu que algúns dos seus poemas xa foran escritos noutros idiomas. Ninguén parece saber quen é Elisa Sampedrín pero ela segue escribindo e influíndo a creadores en diferentes partes do mundo.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas)).



Extra: III ciclo de cinema do Colexio de Médicos

23 Mai. 2017
Mar.

«Le scaphandre et le papillon » · O escafandro e a bolboreta

Dirixido por · (2007)
Inspírase na novela “O escafandro e a bolboreta”, escrita por Jean Dominique Bauby, quen por mor dun accidente (1995) introducido no mundo do “Locked in Syndrom” (pechado en si mesmo). Totalmente paralizado, sen poder comer, falar, nin respirar sen asistencia, o antigo redactor xefe da revista “Elle” dicta letra por letra, movendo só a pálpebra esquerda, unha especie de viaxe inmóbil.

Premios
2007: 2 Globos de Ouro: Mellor película estranxeira, director.
2007: Festival de Cannes: Mellor director, Technical Grand Prize.
2007: 2 premios Cesar: Actor (Mathieu Amalric), montaxe. 7 nominacións


SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  4 . Bono 6 filmes ciclo Menciña: 20 .



24 Mai. 2017
Mérc.

«Une histoire de fou» · Unha historia de tolos

Dirixido por · (2015)
Anos 80. O mozo Aram, un marsellés de orixe armenia, fai explotar o coche do embaixador de Turquía en París. Nese momento, un ciclista que pasaba por alí é ferido de gravidade. A nai do terrorista séntese culpable e sente a necesidade de ir á habitación do hospital do ferido para pedirlle perdón, algo que este non entende. Por outra banda, Aram, en contra da opinión dos seus compañeiros, decide ir coñecer á súa vítima.

Premios
Premios 2015: Festival Internacional de Valladolid - Seminci: Sección oficial

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



29 Mai. 2017
Lun.

«of the North»

Dirixido por · (2016)
Subversión do xesto canónico de Robert Flaherty: velaí os descendentes de Nanook a faceren o seu cinema. Ao dar unha forma coerente de máis de 500 horas de filmes de Youtube de centos de inuit, Gagnon crea un cine-ollo vertoviano anti-exótico e rítmico.



SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



31 Mai. 2017
Mérc.

«Forushande» · O viaxante

Dirixido por · (2016)
Emad e Rana deben deixar o seu piso no centro de Teherán por mor das obras que están a efectuarse e que ameazan o edificio. Instálanse noutro lugar, pero un incidente relacionado co anterior inquilino cambiará dramaticamente a vida da nova parella.

Premios
2016: Premios Oscar: Mellor película de fala non inglesa
2016: Globos de Ouro: Nomeada a Mellor película de fala non inglesa
2016: Festival de Cannes: Mellor actor (Shahab Hosseini) e guión
2016: Festival Internacional de Valladolid - Seminci: Sección oficial

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



5 Xuñ. 2017
Lun.

«No cow on the ice + curta»

Dirixido por - · (2016)
(No Cow on the Ice) Non hai vacas sobre o xeo (63 min.)

Linguaxe e paisaxe como portas de entrada a unha vida nova. Un mozo galego emigra a Suecia, onde desempeña varios traballos a tempo parcial mentres trata de emprender a súa carreira cinematográfica. A aprendizaxe dun novo idioma e a súa fascinación por unha paisaxe insólita convértense pronto en dous estímulos fundamentais fronte ás dificultades do seu proceso de adaptación no novo país. Mediante a documentación constante do seu novo hábitat, os seus diversos oficios, e as súas novas relacións, Domínguez Serén reflexiona sobre a súa nova condición de emigrante-inmigrante.


Todo o mundo ama a costa (16 min.)

Un grupo de homes espera nas marxes dun bosque costeiro para viaxar a Europa. Atópanse nun limbo entre o tempo e o lugar. Alí fílmase unha película na que documental e ficción entrelázanse constantemente. A paisaxe muda, onde están xa non é o seu fogar. Non hai praias bonitas, a auga non é transparente, non é clara. No bosque, contos do pasado colonial fúndense co presente estático.





SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas)).



Extra: III ciclo de cinema do Colexio de Médicos

6 Xuñ. 2017
Mar.

«Bogowie » · Deuses

Dirixido por · (2014)
Baseada en feitos reais, conta a historia do cirurxán Zbigniew Religa, quen fixo o primeiro trasplante de corazón exitoso en Polonia nos anos 80 en contra da opinión dos seus colegas loitando por sacar adiante a súa propia clínica. Religa, ao atreverse a trasplantar un corazón humano, rompeu barreiras morais, culturais e relixiosas.

Foi un gran éxito de público en Polonia, obtendo 7 Premios da Academia de cine polaca, incluíndo o de Mellor Película.


SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  4 . Bono 6 filmes ciclo Menciña: 20 .



7 Xuñ. 2017
Mérc.

«La fille Inconnue» · A moza descoñecida

Dirixido por e (2016)
Unha noite, despois de pechar o seu consultorio, Jenny, unha doutora nova, escoita o timbre, pero decide non abrir. Ao día seguinte, decátase pola policía de que atoparon, non lonxe de alí, a unha moza morta, sen identidade.

Premios
2016: Premios César: Nomeada a Mellor película estranxeira
2016: Festival de Cannes: Sección oficial longametraxes a concurso

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



  12 Xuñ. 2017
Lun.

«Cavalo dinheiro» Cabalo diñeiro

Dirixido por · (2014)
Resistindo con fiereza no barrio lisboeta de Fontainhas, onde leva máis de dúas décadas filmando, e acompañado por Ventura -o caboverdiano de triste figura de Mocidade en marcha- Pedro Costa regresa, establecendo un pasadizo secreto entre a Revolución dos Caravéis de 1974 e a actualidade en Lisboa. Mentres os mozos toman as rúas, a xente de Fontainhas busca a Ventura, perdido no bosque, nun filme de misterioso claroscuro como o da súa mente deteriorada, perdida nun soño febril tras unha vida de traballo duro e miserento.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



14 Xuñ. 2017
Mérc.

«La pazza gioia» · Tolas de alegría

Dirixido por (2016)
Beatrice (Valeria Bruni Tedeschi) é unha condesa falangueira e millonaria que está convencida de atoparse entre os círculos íntimos dos líderes políticos mundiais. Pola súa banda Donatella (Micaella Ramazzotti) é unha moza tatuada, vulnerable e introvertida, envolta no seu propio halo de misterio. Ambas son pacientes de Villabiondi, unha delirante institución psiquiátrica.

Premios
2016: Premios David dei Donatello: 17 nominacións incl. mellor película e director
2016: Festival de Valladolid - Seminci: Espiga de ouro, Actriz e Premio do público
2016: Premios do Cine Europeo: Nomeada a mellor actriz (Valeria Bruni)

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



  19 Xuñ. 2017
Lun.

«Ponyo en el acantilado» (Versión Dobrada)

Dirixido por · (2008)
A historia céntrase en Sosuke, un raparigo de 5 anos, e a súa relación cunha princesa peixe que ansía converterse nun ser humano. Libre adaptación de "A sirenita" que obtivo moi boa acollida da crítica no Festival de Venecia 2008.

Premios 2008: Festival de Venecia: Nomeada ao León de Ouro (mellor película)



SESIÓN:
COTA:
  18:30 h. (CUT+1)
  de balde (consultar non asociados/as).





Todas as proxeccións son en VOSE (agás as indicadas no contrario), na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.




Horarios CUT+1



Ciclo Magníficos

Proxéctanse durante os meses de maio a xuño no salón de actos da Casa de Cultura / de Ourense (rúa Concello 11), os mércores (agás o 3 de maio) ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

09/04/17

Programación abril 2017

«Primavera musical»

«Filmoteca CGAI»



Chega a primavera……e un ano máis, a música de novo.
A música do avance visual [.mp4 • 20'3 MB] que adianta este ciclo, é dos «Folk Grinder», versionando «The passenger» de «Iggy Pop».


Primavera musical 2017


A música soa no mes de abril con cinco filmes en catro escenarios distintos e en VOS (Versión orixinal subtítulada). Aparte do habitual, os mércores na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural Auriense, Café cultural El Pueblo e Café Pop Torgal. Agardamos bailedes cos seguintes filmes …

Sesións de filmoteca do CGAI de abril a xuño 2017

Dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante os meses de abril a xuño na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …