27/07/16

Cinema na praza

Como sempre por estas datas, volta , máis imaxinativo, refrescante e estimulante para as noites de verán nunha única sesión, este ano será os luns de agosto ás 22 h, acceso de balde na de Ourense.


Cinema na Praza
«Cinema na Praza: agosto 2016» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)




1 Ago. 2016
Luns

Sesión de curtametraxes: Pixar
28 anos de animación

Coas curtas: «Ratatouille: Your Friend the Rat» · A Túa Amiga a Rata de Jim Capobianco, «Presto» de Doug Sweetland, «Burn-E» de Angus MacLane, «Partly Cloudy» · Parcialmente Nubrado de Peter Sohn, «Up: Dug's Special Mission» · A Misión Especial de Dug de Ronnie Del Carmen, «George & A.J.» de Josh Cooley, «Day & Night» · Día e Noite de Teddy Newton, «Toy Story Toons: Hawaiian Vacation» · Vacacións en Hawai de Gary Rydstrom, «Air Mater» de Rob Gibbs, «Toy Story Toons: Pequeño gran Buzz» · Pequeno gran Buzz de Angus MacLane, «A Cars Toon; Mater's Tall Tales: Time Travel Mater» · Mate viaxa no Tempo de Rob Gibbs, «La Luna» · A Lúa de Enrico Casarosa.

SESIÓN:
COTA:
  22 h. (CEST)
  De balde



8 Ago. 2016
Luns

«Tangerine»

Dirixida por · (2015)
Na véspera de Nadal, a prostituta transxénero Sen-Dee Rella, que acaba de cumprir unha sentenza en prisión, atópase coa súa amiga Alexandra, que a informa de que o seu noivo Chester estivo a enganala. Agora, Sen-Dee Rella iniciará unha procura pola cidade para descubrir a verdade.

SESIÓN:
COTA:
  22 h. (CEST)
  De balde



22 Ago. 2016
Luns

«Die Abenteuer des Prinzen Achmed» · As Aventuras do Príncipe Achmed

Dirixida por · (1926)
O día en que se celebra na cidade o aniversario do gran califa aparece o poderoso bruxo e presenta a súa obra milagrosa: un cabalo que pode voar polo aire. O Califa quere posuír, custe o que custe, o devandito corcel máxico. O filme será musicado en directo polo grupo .

SESIÓN:
COTA:
  22 h. (CEST)
  De balde



29 Ago. 2016
Luns

«Bronenosets Potyomkin» · O Acoirazado Potemkin

Dirixida por · (1925)
Baseada en feitos reais acaecidos en 1905, narra como a tripulación do acoirazado Príncipe Potemkin de Táurida cansa do tratamento vexatorio e inxusto dos oficiais. O detonante da situación é a carne podrecida que estes queren que coman os mariñeiros. Con este motín comeza o regueiro revolucionario por Odesa e toda Rusia. O filme será musicado en directo polo grupo .

SESIÓN:
COTA:
  22 h. (CEST)
  De balde

Aínda que coas témporas anticípase un tempo sen choiva até setembro, un erro nese prognóstico obrigaríanos a alterar a programación.
Horarios CUT+2


Participa co cineclube, e comentándonos as túas impresións sobre os filmes que proxectamos, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios.






Ningún comentario: