26/03/16

Sesións de Filmoteca · marzo—abril 2016

Proxéctase durante o mes de marzo e abril de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …





28 Mar. 2016
Lun.

«Bikes vs Cars» · Bicicletas Vs Coches

Dirixido por · (2015)
A sociedade enfróntase a varios contratempos que pronto deberá afrontar: o cambio climático, a contaminación urbana, o esgotamento dos recursos fósiles. Neste contexto, a bicicleta eríxese coma unha alternativa ao cambio importante, pero a industria do automóbil inviste millóns para manter o seu negocio. Varios activistas e teóricos de todo o mundo expoñen os beneficios que podería ter unha sociedade máis adaptada ás dúas rodas e reflexionan sobre como evolucionaron as cidades cada vez máis adaptadas aos coches.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



  4 Abr. 2016
Lun.

«A Girl Walks Home Alone at Night» · Unha Moza Volve a Casa Soa pola Noite

Dirixida por · (2014)
Na cidade iraniana de Bad City pode pasar calquera cousa. No medio dun abano de personaxes marxinais, un vampiro vaga en busca de sangue. Ao western vampírico súmaselle un romance tinguido de sangue. O filme combina xéneros e estilos: invoca o western, a fascinación propia de , o terror e as novelas gráficas.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



11 Abr. 2016
Lun.

«Im Keller» · No Soto

Dirixida por · (2014)
O filme trata de describir a relación que os austríacos manteñen cos seus sotos, e de definir as peculiaridades dos sotos austríacos… ou se é certo que tales peculiaridades existen.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



18 Abr. 2016
Lun.

«Eisenstein in Guanajuato» · Eisenstein en Guanajuato

Dirixida por · (2015)
Crónica sobre un período da vida do director soviético , o que pasou en México, onde rodou, entre outros filmes, «¡Que Viva México!». O director de «O Acoirazado Potemkin» (1925) viviu máis dun ano alí (1931) para plasmar en celuloide a súa fascinación polo «día de Mortos» e os ritos relixiosos da cultura popular mexicana. Con todo, a fita quedou inconclusa, polo que en 1979 Grigori Aleksandrov, a partir dos storyboards orixinais de Eisenstein, compilou «¡Que Viva México!», unha aproximación á montaxe que este planeaba.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



25 Abr. 2016
Lun.

«El Abrazo de la Serpiente» · O Abrazo da Serpe

Dirixida por · (2015)
Karamakate foi no seu día un poderoso chamán do Amazonas, é o último sobrevivente do seu pobo, e agora vive en illamento voluntario no máis profundo da selva. Leva anos de total soidade que o converteron en «chullachaqui», unha casca baleira de home, privado de emocións e recordos. Pero a súa vida baleira dá un envorco o día en que á súa remota gorida chega Evan, un etnobotánico americano en busca da «yakruna», unha poderosa planta oculta, capaz de ensinar a soñar. Karamakate accede a acompañar a Evan na súa procura e xuntos emprenden unha viaxe ao corazón da selva no que o pasado, presente e futuro confúndense, e no que o chamán irá recuperando os seus recordos perdidos. Eses recordos traen consigo vestixios dunha amizade traizoada e dunha profunda dor que non liberará a Karamakate até que non transmita por última vez o seu coñecemento ancestral, o cal parecía destinado a perderse para sempre.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Horarios CUT+2




E por último, lembra que temos aberta unha (sobre a tempada 2015—2016) para avaliar a nosa programación; gostaríanos coñecer que tal o estamos a facer… Asemade, a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» (da que formamos parte), tamén precisa da vosa/nosa axuda para encher esta outra . Agradecemos moitísimo o voso tempo e esforzo.
Sabes que podes, sempre que o desexes, comentar as túas impresións sobre os filmes que proxectaremos, tamén neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios (e avaliacións); vemonós! na Biblioteca Pública ou ben, no espazo Lusquiños (os sábados).




Ningún comentario: