29/07/14

Cine de agosto

Contaron as crónicas deportivas que a Brasil, no pasado mundial de fútbol, partíronlle a cara cunha escandalosa goleada. Sen embargo, Brasil ten moitas máis caras que ensinar; mesmo no cinema -desde aquela "Tropa de élite" de José Padilha- que tan presente estaba, e está, nas favelas e arredores dos estadios.
Aproveitemos, mentras se fala de fichaxes estrelas e esceas irrelevantes do deporte, no verán...coas tórridas consecuencias que tentaremos mitigar dalgún xeito, ao caer a noite, cunha nova proposta de cinema na praza; adicado a Brasil, coa colaboración da Embaixada du Brasil en España.
(O cartel de MPB baséase nun graffiti orixinal de Os Gêmeos, de Sâo Paulo)
Agardamos, se vos apetece, vernos nestes tres luns de agosto na praza S. Marcial, ás 22:30 horas coa seguinte programación, que pode verse alterada, polos imprevistos e inoportunos fenómenos meteorolóxicos.
As sesións son gratuítas, e estan encadradas dentro do panorama de actividades que co alcume de Veránêarte, organizamos varios colectivos da cidade, dentro de Escua.
Velaquí o detalle do que programamos desde o cineclube:

  • Luns 4 de agosto de 2014


CINEMA, ASPIRINAS E URUBUS
(2005, Brasil) 99 min.
Director: Marcelo Gomes
Guión: Marcelo Gomes, Karim Ainouz, Paulo Caldas (Historia: Ranulpho Gomes) | Música: Tomaz Alves Souza | Fotografía: Mauro Pinheiro Jr. | Reparto: João Miguel, Peter Ketnath, Irandhir Santos, Mano Fialho, Fabiana Pirro, Veronica Cavalcanti, Francisco Figueiredo, Arilson Lopes, José Leite, Zezita Matos
Produtora: BR Petrobras / Rec Produtores Associados / Dezenove Filmes | Distribución: Embaixada du Brasil en España | Formato de exhibición: (DVD) Cor NTSC, Aspect Ratio: 1,85:1 | Son: Dolby dixital | VOS Versión orixinal en portugués e alemán, con subtítulos en castelán
Road movie que narra a historia dun alemán que viaxou en 1942 ao nordés de Brasil a vender aspirinas...
Brasil, década de 1940. O país estaba gobernado por Getúlio Vargas, cuxo réxime ditatorial, o Novo Estado, se estendeu entre 1937 e 1945.
No estranxeiro, a Segunda Guerra Mundial causaba estragos en Europa e Asia. Entre 1942 e 1945, o goberno de Vargas enviou millóns de refuxiados afectados pola seca do nordés do Brasil a traballar pola forza na selva do Amazonas, para producir o caucho que os Estados Unidos necesitaban para o seu desempeño na guerra. Mentres tanto, no corazón do nordés Brasileiro, dous homes encóntranse: Johann, un alemán que escapou do conflito bélico e Ranulpho, un brasileiro que foxe da seca. Van de pobo en pobo, proxectando un filme publicitario sobre unha nova droga "milagrosa" aos habitantes, os que ata ese entón non tiveran contacto co cine. Atravesando os camiños poeirentos do interior do país, buscarán expandir os seus horizontes.
-Premios ao mellor filme e director, no Qualidade 2006 de Brasil.
-Seleccionada para concorrer aos Óscars como mellor filme en lengua estranxeira, representando a Brasil
-Premios ao mellor filme, director, guión, montaxe e fotografía, do Gran premio do cine de Brasil 2007
-Ademáis entre outros premios en festivais; O Sistema nacional de educación francés, premiou a Marcelo Gomes (Director), no festival de Cannes 2005.

  • Luns 11 de agosto de 2014


CIDADE BAIXA
(2005, Brasil) 100 min.
Director: Sergio Machado
Guión: Sergio Machado & Karim Ainouz | Música: Carlinhos Brown, Beto Villares | Fotografía: Toca Seabra | Reparto: Lázaro Ramos, Wagner Moura, Alice Braga
Produtora: Videofilmes / Buena Onda | Distribución: Embaixada du Brasil en España | Formato de exhibición: (DVD) Cor NTSC, Aspect Ratio: 1,85:1 | Son: Dolby dixital | VOS Versión orixinal en portugués, castelán e inglés, con subtítulos en castelán
Deco e Naldinho coñécense dende que eran nenos, mesmo é difícil falar do un sen ter o outro en mente.
Gáñanse a vida como transportistas e aplicando pequenos golpes a bordo do Dany Boy, un barco a vapor que compraron xuntos. Un día aparece Karinna, unha rapaza que fai strip tease e que quere conseguirse a un gringo adiñeirado no carnaval de Salvador, onde o dúo a leva. Despois de descargar en Cachoeira, Deco e Naldinho van a unha pelexa de galos. Naldinho aposta o diñeiro que gañou co transporte da carga pero se mete nunha lea e acaba sendo acoitelado. Deco deféndeo e ataca o agresor pero os dous amigos vense obrigados a fuxir no barco rumbo a Salvador. Mentres Naldinho se recupera, Deco intenta conquerir diñeiro para axudar ao seu amigo. Cando chegan a Salvador reencóntranse con Karinna que agora está a traballar nunha discoteca. Pouco a pouco a atracción crece entre eles e ábreselles a posibilidade de levar unha vida de trío.
-Premio da Xuventude no festival de Cannes 2005.

  • Luns 18 de agosto de 2014


ZUZU ANGEL
(2006, Brasil) 108 min.
Director: Sérgio Rezende
Guión: Marcos Bernstein, Sérgio Rezende | Música: Cristovão Bastos | Fotografía: Pedro Farkas | Reparto: Patrícia Pillar, Daniel de Oliveira, Luana Piovani, Alexandre Borges, Leandra Leal, Angela Vieira, Flávio Bauraqui, Aramis Trindade, Othon Bastos
Produtora: Globo Filmes | Distribución: Embaixada du Brasil en España | Formato de exhibición: (DVD) Cor NTSC, Aspect Ratio: 1,85:1 | Son: Dolby dixital | VOS Versión orixinal en portugués e inglés, con subtítulos en castelán
Anos 60. Zuzu Angel, deseñadora de modas, raíña en todo Brasil e conquista o estranxeiro. Mentres, a ditadura militar que comezou en 1964 leva o país aos seus momentos máis escuros. Un desfile en Nova York remata de consolidar a carreira da bela Zuzu. Paralelamente, o seu fillo Stuart ingresa na loita armada contra a ditadura. A nai empresaria pelexa co fillo de ideais socialistas. Un día, o rapaz cae detido...
Historia baseada en feitos reais.
-Premios á mellor actriz principal e de reparto, no Qualidade 2006 de Brasil.
____
[Advertimos que os filmes son recomendados para maiores de 13 anos (Consonte a clasificación da MPAA)]
____

Ningún comentario: