30/01/14

«Rabat» (ciclo AMAL)

Para rematar o ciclo adicado ao Festival Euroárabe nas sesións de «Filmoteca» de xaneiro, un filme que tiñamos pensado proxectar o luns da pasada semana e, que por un erro na información que tiñamos sobre a súa duración, (a súa ficha dicía 62 minutos, cando nas probas de cabina, o monitor amosa a duración de hora e media), agardando pois sepades desculparnos por este contratempo.

O luns 3 de febreiro, na Casa de Cultura (salón de actos da ) de Ourense, rúa Concello 1, as 20:30 e 23  h. (horario CUT+1) e con entrada de balde:


luns 3 de febreiro do 2014

«Rabat»

Rabat

Ano:
País: |
Director: e
Guión: Jim Taihuttu e Victor Ponten

Música:
Fotografía: e
Reparto: , , ,
Duración: 90 min.
Produtores: Daniel Ashes, Kees de KoningHicham El Ghorfi
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Francés, árabe e holandés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Nadir, Abdel e Zakaria son tres amigos que poñen rumbo a Marrocos desde Holanda para cumprir cun favor aparentemente sinxelo: entregar o taxi do pai de Nadir ó home que o mercou. Durante o camiño vivirán situacións inesperadas e encontros con persoas que marcarán as súas decisións. «Rabat» non só fala da amizade dos tres mozos, senón tamén do conflito entre os valores de modernidade e tradición que vive a poboación inmigrante nas sociedades occidentais.

Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premios ao mellor longametraxe de ficción, mellor dirección e mellor interpretación masculina.

Ver o avance do filme en: You Tube [. mp4 • 24'8 Mb] · VOS inglés


Víctor Ponten (Arnhem, Holanda 1981) e Jim Taihuttu (Veno, Dinamarca 1981) coñecéronse por casualidade no 2000, os dous tiñan a mesma melodía nos seus teléfonos móbiles. Foi o comezo dunha fermosa amizade que os levou a crear a súa propia produtora: Habbekrats. Con ela escriben, dirixen e producen no 2010 a súa primeira longametraxe «Rabat», que se estreou con éxito nos cines holandeses no 2011.




O ciclo «Amal» proxéctouse os luns de xaneiro, nas sesións de «Filmoteca» e estivo composto polos seguintes filmes:

Ensemble · Le thé ou l’electricité · Eid · Blague à part? · Rabat

Ningún comentario: