08/11/11

Ao nordés; Cine de Finlandia + Homenaxe á montaña


A partir deste mércores 9 de novembro, comezamos un novo ciclo no Cineclube Padre Feijoo, en colaboración co Instituto iberoamericano de Finlandia, que se estenderá durante tres semanas, para deter a mirada no cine de Finlandia.

Remataremos o mes, cunha proxección especial adicada á montaña en homenaxe ao Clube Alpino Ourensán, que cumpre este ano o seu 40 aniversario.

Ao conxunto dos tres filmes adicados a Finlandia, e un, á montaña, o titulamos “Ao nordés”.

Os pases, como vén sendo habitual, serán ás 20.30 e ás 23.00 horas, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella, Av. Ribeira Sacra, 50), e as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario e parados).

Todas as sesións son en versión orixinal, con subtítulos en castelán)

Para o ciclo cóntase co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, que realizou as xestións, diante do Instituto iberoamericano de Finlandia.


Éste mércores 9 de novembro proxectarase, pois, o filme finlandés “Pueblo de silencio” (Vaiennut Kylä) de Kari Väänen. (O director é actor habitual de Kaurismäki) no que retrata a historia dun pobo, tralo asasinato dun, dos seus habitantes, e no que todos o seus habitantes calan.

O día 16, “A ciegas” (Sokkotansi) de Matti Ijäs, é un drama de coñecidos actores finlandeses, que retrata a crise existencial duns adolescentes, que se atopan sen referencias nas que construir as súas vidas.

Por último, dentro do ciclo de cine de Finlandia, proxectaremos o filme “Eila” de Jarmo Lampela. Película, que estivo nominada a 8 premios do cine en Finlandia, dos cales gañou o de mellor director e mellor interpretación femenina.

Eila traballa como señora da limpeza, comeza a ter problemas no seu traballo, cando o seu fillo sae de cárcere.

Para rematar o mes, finalizaremos cunha proxección especial; “Tocando el vacio” (Touching The Void) de Kevin McDonald. Producción británica, baseada en feitos reais, que documenta a historia de dous montañeiros; Joe Simpson e Simon Yates,cando escalaban en 1985, a montaña do espectacular Siula Grande, un pico peruano de máis de 6 mil metros de altura, e un deles rompe unha perna, tentando o outro, baixalo a un lugar seguro, mais, as cousas non resultan tan fáciles.

Esta última proxección, é un particular homenaxe do Cineclube Padre Feijo, ao Clube Alpino Ourensán- Manzaneda, polo seu corenta aniversario.


  • Mércores 9 de novembro de 2011. Cinebox Ourense, 20:30 e 23 h.


Pueblo de silencio (Vaiennut kylä)

Finlandia, 1997. Cor, 78 min. Director: Kari Väänänen. Producción: Villealfa Filmproduction yo. Guión: Kari Väänänen. Dolby, VO finlandés, con subtítulos en castelán. Interprétes: Taisto Reimaluoto, Sari Havas e Taneli Mäkelä.

Tralo asasinato dunha habitante dun pobo, todos os veciños gardan o mesmo silencio. Ata que chega un novo policía que desexa resolver o caso, pero atópase con que todos calan.

Seleccionada no Oldenburg International Film Festival


  • Mércores 16 de novembro de 2011. Cinebox Ourense, 20:30 e 23 h.

A Ciegas (Sokkotanssi)

Finlandia, 1999. Cor, 90 min. Director: Matti Ijäs. Producción: Dada-Filmi Oy. Guión: Matti Ijäs. Dolby, VO finlandés, con subtítulos en castelán. Interprétes: Martti Suosalo, Walter Gröhn e Mikko Vanhala


A acción de “A ciegas” sitúase nunha pequena cidade costeira, nos anos 60. O mozo protagonista, Jontti, quen atravesa algo así como unha crise existencial, se entera de que o seu pai ten outra muller. Mentras, o seu mellor amigo, tamén tentará resolver algúns problemas.

Seleccionada no Mar del Plata Film Festival de 1999, e no European Union Film Festival 2001


  • Mércores 23 de novembro de 2011.Cinebox Ourense, 20:30 e 23 h.

Eila (Eila)

Finlandia, 2003. Cor, 94 min. Director: Jarmo Lampela . Producción: Blind Spot Pictures Oy. Guión: Tove Idström. Dolby, VO finlandés, con subtítulos en castelán. Interprétes: Sari Mällinen, Ilkka Koivula e Hannes Suominen

Eila traballa como señora da limpeza. Seu fillo, recén saido da cárcere, múdase con ela. Eso non é todo, no seu traballo comezan os problemas sindicais. Eila non desexa ir á folga porque o seu traballo é a única maneira de darlle ao seu fillo unha nova vida. Sen embargo, cando recibe unha carta de despido, decide querelarse contra o estado.


  • Mércores, 30 de novembro de 2011. Cinebox Ourense, 20:30 e 23 h.

    Proxección especial do cineclube, en homenaxe ao Clube Alpino polo seu corenta aniversario.

Tocando el vacio (Touching The Void)

Reino Unido, 2003. Cor, 106 min. Director: Kevin Macdonald. Producción: FilmFour / UK Film Council / Channel 4 / PBS . Guión: Joe Simpson (Novela: Joe Simpson). Música: Alex Heffes. Fotografía:Mike Eley . Dolby, VO Inglés, con subtítulos en castelán. Documental, baseado en feitos reais.

Documenta a historia de dous montañeiros; Joe Simpson e Simon Yates,cando escalaban en 1985, a montaña do espectacular Siula Grande, un pico peruano de máis de 6 mil metros de altura, e un deles rompe unha perna, tentando o outro, baixalo a un lugar seguro, mais, as cousas non resultan tan fáciles.

04/11/11

Encontro de Cineclubes

O vindeiro fin de semana; 5-6 de novembro, o cineclube, xunto coa Federación de Cineclubes de Galicia, programamos o Encontro de cineclubes, que xuntará a cineclubes de todo Galicia, Portugal e unha representación da Federació de cineclubs de Catalunya. O programa é como se detalla a continuación.

Día 5 (sábado)

10’00 h: Recollida acreditacións e material para o mercadillo

10’00-14’00 h: Mercadillo de libros, filmes, e merchandising.

11’00 h: Inauguración oficial

11’30 h: Mesa redonda: Debate sobre a situación actual dos cineclubes e a distribución do cine de autor e independente. (Interveñen Julio Lamana da Federació Catalana de Cineclubs, un representante da Federación Portuguesa de Cineclubes, e Manuel Precedo da Federación de Cineclubes de Galicia)

13’45 h: Pausa para o xantar

16’00 h: Proxección “La vida útil” (2010 Uruguai)

-Director: Federico Veiroj

-Premios: (BAFICI 2011: Mellor Actor (Jorge Jellinek), Valdivia 2010: Mellor Director, seleccionada por Uruguai, aos Óscar 2010)

-Guión: Inés Bortagaray, Gonzalo Delgado, Arauco Hernández Holz, Federico Veiroj

-Música:Leo Masliah, Macunaima, Eduardo Fabini

-Fotografía: Arauco Hernández Holz

-Reparto:Jorge Jellinek, Manuel Martinez Carril, Paola Venditto

-Sipnose: Jorge ten 45 anos, vive cos seus pais e traballa nunha cinemateca desde fai 25 anos. Desempeña tareas técnicas, de programación, e conduce un programa de radio sobre cine. A cinemateca está nunha situación cada vez máis crítica e Jorge, que nunca traballou fora do cine, se queda sen emprego. “A vida útil” conta como Jorge debe mudar o seu modo de ser para adaptarse a un mundo novo. Talvez, despois de todo, o cine o axude a sobrevivir...

La vida útil referencia o oficio do propio cine, é dicir unha metaficción, unha idea de revalorizar o cine nunha ficción”

17’30 h: Conferencia “As catros partes dun filme: a distribución cinematográfica” Pepe Coira.

-Produtos, crítico e xornalista cinematográfico, ex-vicepresidente da Axencia Galega do Audiovisual e ex-director do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI).

19’00 h: Proxección “ The trap” -Klopka- (2007 Serbia)

-Director: Srdan Golubovic

-Guión:Melina Pota Koljevic, Srdjan Koljevic, Nenad Teofilovic

-Música:Mario Schneider

-Fotografía: Aleksandar Ilic

-Reparto:Nebojsa Glogovac, Natasa Ninkovic, Miki Manojlovic, Anica Dobra, Bogdan Diklic, Vuk Kostic, Vojin Cetkovic, Dejan Cukic

-Sipnose: No Belgrado da posguerra conviven as formas novas e vellas de corrupción, e a distancia entre os ricos e os pobres faise cada vez maior. Belgrado loita por encontrar a súa identidade, cuxo turbulento e recente pasado deixou a moitos nun deserto moral e existencial. Neste contexto sitúase no fogar de Mladen, a súa esposa Marija e o seu fillo Nemanja. Cando a Nemanja selle diagnostica unha seria afección cardíaca, e os médicos insisten en que sexa operado no extranxeiro.

"Dosifica a súa trama con maestría (...) Manojlovic realiza unha das composicións máis memorables nun filme excelente" (Jordi Costa: Diario El País)

20:45: Pausa para a cea.

22’00 h: Concerto “Ondas Martenot”, no Café Cultural Auriense (Praza Correxidor,11)

-Formación integrada por Amil, Antón “Papaqueixos”, Cristina (O sonoro Maxín), e Leo “Arremecaghona”, que tributa unha homenaxe musical ao poeta Lois Pereiro, coas cancións das que gostaba; Lou Reed, Parálisis permanente, Radio océano, The doors,etc.

Día 6 (domingo)

11’00 h: Proxección “La chica que saltaba a través del tiempo” (2006 Xapón)

-Director: Mamoru Hosoda

-Premios:Festival de Sitges 2006: Mellor filme de animación

-Guión:Satoko Okudera (Novela: Yasutaka Tsutsui)

-Música:Kiyoshi Yoshida

-Fotografía: Animación

-Reparto:Animación

-Sipnose: O tempo do instituto é un dos máis entrañables durante a adolescencia. Para a xove Makoto e os seus amigos Chiaki e Kosuke é realmente importante pasalo ben xuntos tanto tempo como poidan, xogando ao béisbol despois da clase, xa que os tres están a piques de subir de grao e ao ano seguinte talvez non sigan xuntos. Pero un día, Makoto recibe un peculiar don: a capacidad de ir cara atrás no tempo dando brincos xigantes. Makoto usará esta habilidade para evadir os problemas e alongar a súa diversión

"Divertida e creativa ...(Ty Burr: Boston Globe)

12’00-14’00 h: : Mercadillo de libros, filmes, e merchandising.

13’00 h: Presentación da carta dos dereitos dos espectadores, e das conclusións do encontro.

13’45 h: Pausa para xantar

16’00 h: Proxección “Animal Kingdom” (2010 Australia)

-Director: David Michôd

-Premios:Sundance 2010: Premio do xurado ao mellor filme internacional. Nominada á mellor actriz secundaria nos Óscar 2010 (Jacki Weaver)

-Guión:David Michôd

-Música:Antony Partos

-Fotografía: Adam Arkapaw

-Reparto:Ben Mendelsohn, Joel Edgerton, Guy Pearce, Luke Ford, Jacki Weaver, Sullivan Stapleton, James Frecheville, Dan Wyllie, Anthony Hayes

-Sipnose: Trala morte da súa nai, Joshua “J” Cody, ten que trasladarse a casa da súa avoa Janine, que vive en Melbourne cos seus tres fillos, Andrew, Darren e Craig, todos implicados en negocios ilegais. Inevitablemente, o rapaz mestúrase nos turbios asuntos dos seus tíos, sobre todo cando se produza un enfrontamento entre os seus familiares e as autoridades locais, situación que provocará unha serie de asasinatos a sangue fría.

"Vibrante (...) é imposible prever o que sucederá ao final de cada escea. (...) verosimilitude brutal e nada efectista ... (Federico Marín Bellón: Diario ABC)

18’00 h: Proxección “Inside Job” (2010 EE.UU)

-Director: Charles Ferguson

-Premios:Oscar 2010: Mellor película documental

-Guión:Charles Ferguson

-Música:Alex Heffes

-Fotografía: Kalyanee Mam, Svetlana Cvetko

-Reparto: Documental ( Con entrevistas, entre outros/-as a; Barney Frank, Charles Morris, Daniel Alpert, Dominique Strauss Kahn, Glenn Hubbard, Eliot Spitzer, George Soros, Christine LaGarde,etc.)

-Sipnose: Documental non só sobre as causas, senón tamén sobre os responsables da crise económica mundial de 2008, que signíficou a ruina de millóns de persoas que perderon os seus fogares e empregos, e que, ademáis, provocou a inestabilidade económica dos países desenvoltos. Ao través dunha extensa investigación e de entrevistas a financeiros, políticos e xornalistas, amósase o auxe de empresarios sen escrúpulos e a degradación da política e a educación.

"A perpetua historia da infamia. (...) o contado provoca estupor e anguría; o final pon os pelos de punta" (Carlos Boyero: Diario El País)


Todas as actividades son no Auditorio Municipal de Ourense(Rúa da Canle,2), agás o conerto tributo a Lois Pereiro, que é no Café cultural Auriense (Praza do Correxidor,11). O aforo reservado aos cineclubes participantes é de 55 prazas, sendo o resto (154) de libre acceso. Prégase, en razón do respecto aos espectadores, PUNTUALIDADE no acceso ás proxeccións, porque non se permitirá a entrada, unha vez comenzada a sesión.




25/08/11

Festival de curtametraxes



Festival 5 Cèntims, organizado pola Associació Ad’Art
coa complicidade do Cineclube Padre Feijoo
Na praza de San Marcial, o mércores 31 de agosto, ás 22:00 h.
Haberá ademais a actuación do DJ «La Isla del Tesoro», cortesía da Tetería Grândola.

01/07/11

«Cinema na Praza»


[Clic na imaxe para ampliar]
Cinema na Praza
Curtametraxes na praza de San Marcial
todos os mércores de xullo e agosto, ás 22 h

14/06/11

‘RIP! A Remix Manifesto’




Mércores 15 de xuño | 20:30 e 23:00 horas | Cinebox | 4,00 eur (reducida para estudantes con carné universitario e maiores de 65 anos) | V. O. S. galego

O primeiro semestre do Espazo de Cinema chega á súa fin con RIP! A Remix Manifesto, terceira e última proposta do ciclo Docuficción. A fita canadiana, dirixida por Brent Gaylor, traza pasado, presente e futuro dos conceptos de propiedade intelectual, copyright e copyleft, orixinalidade, creatividade e, en última instancia, cultura. RIP! ... é o resultado de seis anos de traballo en que se mesturan obras de diversos autores (tanto música coma imaxe) para dar lugar á primeira película mash-up da historia. Pódese ver o tráiler aquí.

Máis información, aquí.

07/06/11

‘I'm Still Here’

Mércores 8 de xuño | 20:30 + 23:00 horas | Cinebox | 4€ | V. O. S.

Unha das películas que xerou máis expectativas ao longo de 2010, tanto pola propia evolución do seu protagonista, Joaquin Phoenix, como pola dúbida que deixou no ar. I’m Still Here é a película que Festival de Cine Internacional de Ourense e Cineclube Padre Feijoo ofrecen este mércores dentro do ciclo Docuficción. Dirixida por Casey Affleck, trátase dun mockumentary ou falso documental que amosa un ano tumultuoso na vida de Joaquin Phoenix desde que anunciou publicamente, en outono de 2008, que abandonaba a súa carreira cinematográfica para reinventarse como músico de hip hop.
A cita é mañá, mércores 8 de xuño nos Cinebox en dobre pase de 20:30h e 23:00 h, cunha entrada a 4 euros (reducida para estudantes con carné universitario e maiores de 65 anos).

Máis información, aquí.

31/05/11

‘Exit Through the Gift Shop’


Mércores 1 de xuño, no Cinebox, 20:30 e 23 h:
Ciclo Docuficción
Exit Through the Gift Shop, de Banksy.
Entrada: 4 euros (3 euros para estudantes con carné e maiores de 65 anos).


24/05/11

16/05/11

‘Poesía’


Cinebox Ourense • 18 de maio, 20:30 e 23:00 h
Máis información aquí.

03/05/11

‘Ciudad de vida y muerte’


Cinebox, 4 de maio, ás 20:30 e 23:00 h.
Máis información, aquí.
A programación completa do Cineclube até xuño, aquí.

26/04/11

Semana dos Mestre Mateo 2010

16 OUFF e Cineclube presentan: O cine dos Premios Mestre Mateo 2010

Despois da entrega dos Premios Mestre Mateo 2010, na que tanto 18 Comidas (exhibida como película inaugural do 15OUFF e dentro da súa sección oficial) coma Os Crebinsky (actualmente en carteleira) resultaron as grandes vencedoras, 16OUFF e Cineclube Padre Feijoo queren ofrecer unha escolla dos traballos nominados nas diferentes categorías.
MARTES 26 Cinebox 20:30 + 23:00 horas 4€ PMM'10 Longametraxe> THE WAY, de Emilio Estévez. 88'. V.O. subtitulada en galego.Tom Avery é un reputado oftalmólogo de California que viaxa a Francia trala morte do seu fillo Daniel. O Camiño de Santiago era o último proxecto do finado, polo que decide retomar a idea: o camiño será o seu reencontro.MÉRCORES 27 Cinebox 4€ PMM'10 DocumentaisSesión 1, 20:30 horas
> El Mono Paco (Piño Prego, 52')
Un mono verde africano, famoso ao alterar a paz de Redondela e Vigo masturbándose en público. Icono sociopolítico da movida viguesa.> Radiografía dun autor de tebeos (Marcos Nine, 20') Gañador PMM'10.
Unha viaxe a través do imaxinario do ourensán David Rubín, un dos debuxantes de cómics máis importantes do momento.Sesión 2, 23:00 horas
> Koruño, el legado de Hércules (Erika Esmorís... 38')
Falso documental de investigación en clave de humor sobre a verdadeira orixe do «idioma» koruño.> Lira: Reserva de Vida na Costa da Morte (Marcos Gallego, 52')
Mariñeiros e mariscadoras de Lira debuxan a creación da primeira reserva mariña de interese nunha zona arrasada polo verquido do ‘Prestige’.XOVES 28 Cinebox 20:30 + 23:00 horas 4€ PMM'10 Curtametraxes> El Grifo, de Denís Rovira. 16'
> Leo y Mario (se dejan), de Sonia Méndez. 20'
> A Residencia, de Álex Sampayo. 11'
> Xoel y los X-Men, de Eusebio Pastrana. 20' (Gañador PMM'10 á mellor curta de ficción)
> Checkout, de Iker García e Salvador Rubio. 8'
> Cribba o Vampiro, de Daniel Montero. 8'
> Gato Encerrado, de Peque Varela. 13' (Gañador PMM'10 á mellor curta de animación)

13/04/11

01/04/11

Cine e MITEU: ‘Fausto, o camiño do momento’


O Festival de Cine Internacional de Ourense e o Cineclube Padre Feijóo inician este domingo as proxeccións do programa «Un Espazo de Cine» do mes de abril. FAUSTO: O CAMIÑO DO MOMENTO, do director romanés Laurentiu Damian, inaugura o ciclo «Cine e MITEU». Para adaptar a programación deste mes á da MITEU, a proxección será este domingo, 3 de abril no Auditorio ás 20:30 horas, e terá un prezo de 2 €.

29/03/11

Mediametraxes e ‘El concierto’



Ciclo CINE e MÚSICA:

[martes 29 de marzo | Campus de Ourense | 19:00 h | de balde]

• REVOLUTION, de Mayckell Pedrero. Cuba 2010. 50'. Radiografía do movemento hip hop cubano.
• SIXTY TOLOS, de Xaime Fandiño. Galiza 2009. 61'. Os anos da movida ye-yé en Vigo.


[mércores 30 de marzo | Cinebox | 20:30 + 23:00 h | 4 €]

• EL CONCIERTO, de Radu Mihaileanu. Francia 2009. 119'.
Sinopse: Tres décadas despois de ser represaliado por non despedir os seus músicos xudeus, o director da orquestra de cámara do teatro Bolshoi decide revivir épocas pasadas cun concerto en París. Un canto á tolerancia e á diversidade por medio da música narrado en tono de comedia.


O tríptico coa programación completa até o mes de xuño pode descargarse AQUÍ.

01/03/11

Programación de marzo: ciclo especial Cine e Muller

Para celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Concellería de Igualdade súmase á programación conxunta de OUff e Cineclube Padre Feijoo ofrecendo un especial Cine e Muller: filmes que falan da muller en diferentes lugares do mundo, como Exipto, América Latina ou España.

[Hora e Lugar] Os pases serán no horario habitual, 20:30 e 23:00 horas, no Cinebox. (Inicialmente estaba previsto unha soa sesión, pero a grande afluencia de público obríganos a seguir coa dobre.)


[Entrada] Gratuíta: recollerase na billeteira o mesmo día de cada proxección desde as 17:00 h.


[Martes 1 de marzo]
Mulleres de El Cairo (Dir. Yousry Nasrallah)
134 min. v.o.s.

[Mércores 2 de marzo]
Campo de Batalla (Amancay Tapia) + Luchadoras (Benet Román)
91 min. v.o. castelán

[Xoves 3 de marzo]
Planes para mañana (Juana Macías)
96 min. v.o. castelán


Hoxe: Mujeres de El Cairo

15/02/11

08/02/11

‘In the Loop’













Máis información, aquí.

Actualización (10/23/2011)
Pedimos desculpas porque a proxección de onte, en contra do anunciado, foi en versión dobrada en vez de en VO subtitulada.
Este erro foi da empresa distribuidora, e desde a organización non puidemos detectalo antes da proxección, debido á falta de tempo con que chegou a copia.
Naturalmente, hoxe mesmo efectuamos a nosa queixa á distribuidora.
En calquera caso, queremos agradecervos sinceramente a vosa presenza, que supuxo un dos records de asistencia da historia do Cineclube: entre as dúas sesións, un total de 288 espectadores. Seguiremos traballando para mellorar todo.

01/02/11

‘Somers Town’













Febreiro, o mes do Cine Británico en VOS
O Cineclube Padre Feijóo e mais o Festival de Cine de Ourense celebran o éxito de asistencia ás proxeccións de Cine Social no mes de xaneiro, nas que o cartel de aforo completo foi unha constante, e só queda lamentar non dispor de máis espazo para os espectadores.

Co cambio de mes, cambiamos tamén de ciclo: a programación de febreiro é unha escolla de catro películas con denominación de orixe Reino Unido:
Somers Town, de Shane Meadows, este mércores, seguida dos títulos In The Loop, London River e Tamara Drewe os vindeiros mércores de mes no Cinebox e en dobre pase: ás 20:30 e ás 23:00h. Podes descargar o cartel do mes aquí.

18/01/11

04/01/11

Programación para o trimestre

OUFF e Cineclube presentan unha programación estable para Ourense
Todos os mércores, dobre pase: ás 20:30 e ás 23:00 horas


O
Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) e o Cineclube Padre Feijóo alían as súas forzas para garantir unha programación estable de películas alén do circuíto comercial. Baixo o título xenérico de «2011: Un espazo de Cine», a presidenta do Consorcio Festival de Cine de Ourense e concelleira de Cultura, Isabel Pérez, presentaba esta mañá «unha ambiciosa colaboración que lles vai permitir aos cidadás de Ourense disfrutar de cine de calidade todos os mércores do ano».


Artellada ao redor de ciclos temáticos mensuais, cobre unha demanda «histórica» por parte do público cinéfilo da cidade, en palabras do director de Programación do OUFF, César Silva. Así, e dende o mes de xaneiro, irán proxectándose retrospectivas temáticas etiquetadas como cine social, británico, muller, música, teatro (coincidindo coa celebración da Miteu), galego (na semana posterior á entrega dos premios Mestre Mateo da Academia de Cine, que se celebra o 16 de abril en Ourense), e oriental. Ciclos que reúnen «coherencia e calidade cinematográfica», segundo Manuel Precedo, secretario do Cineclube Padre Feijoo, e que incluirán títulos recoñecidos nos mellores festivais do mundo así como perlas do certame ourensán. Entre eles, Un profeta, de Jacques Audiard, co que se abre a programación e considerado por moitos críticos coma unha das mellores películas da historia pese á súa recente estrea.


Todas as películas serán proxectadas os mércores en dobre pase [ás 20:30 e ás 23:00 horas] nos Cinebox, e a entrada terá un custo de 4 euros (3 para estudantes con carné universitario e maiores de 65 anos).


Cine e Muller, ciclo especial

Á presentación do tríptico para o primeiro trimestre tamén acudiu Marta Arribas, concelleira de Igualdade, quen salientou o papel do cinema «como ferramenta de sensibilización social». Neste caso, a programación escapa dos mércores para facer un ciclo intensivo nos tres primeiros días de marzo (co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o 8/03) en sesión única ás 20:30 h e de acceso gratuíto.


Descargas:

> O cartaz coa programación de xaneiro

> Toda a información para o primeiro trimestre