23/11/10

‘An Education’

Esta é a nota de prensa enviada hoxe aos medios (se queres recibir información sobre as actividades do Cineclube, únete ao grupo de correo en http://groups.google.es/group/cineclubepf ou a través de Facebook)

‘AN EDUCATION’ PECHA O CICLO «ENSINO E SOCIEDADE»

O Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense presentan mañá, mércores 24 de novembro, dentro do seu ciclo «Estreas en Versión Orixinal 11: Ensino e sociedade», o filme británico An Education, da directora Lone Scherfig. As proxeccións serán ás 20:30 e 23:00 h, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella). A
s entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).

Para o ciclo cóntase co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, da Xunta de Galicia co Consorcio Audiovisual de Galicia e da Vicerreitoría do Campus de Ourense.

An Education baséase nos textos autobiográficos da xornalista Lynn Barber, e conta a historia dunha moza de 17 anos que reside nos tranquilos suburbios de Londres. Coincidindo co xurdimento da cultura dos 60, a súa vida vira completamente cando coñece un home de 35 anos que a cortexa con elegantes ceas, clubs e viaxes, e pon en perigo o seu futuro na Universidade de Oxford.

Gañadora do Premio do Público no Festival de Sundance, An Education ten suposto ademais unha morea de premios e eloxios para a súa actriz protagonista, Carey Mulligan.

Ningún comentario: