30/04/10

Convite para ‘En tierra hostil’

Aínda que non se trata dunha actividade do Cineclube, queremos dar noticia de que, por xentileza de Cinebox Ourense, os socios/as e amigos/as do Cineclube Padre Feijoo poderedes asistir ás proxeccións do filme 'En tierra hostil' (o gran gañador da última edición dos Oscars), cun desconto de 1 euro na entrada, presentado impreso o convite que acompañamos (clic para ampliar). A oferta só é válida para as sesións dos días 3, 4, 5 e 6 de maio. Lede as condicións na tarxeta de convite.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Pois ainda que non sexa unha actividade do cineclube, esta moi boa axuda para aguantar tanta crise. O que poden facer o cinebox é estirarse un pouco máis.