11/02/24

Programación febreiro marzo de 2024

Sesións maxistrais

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo dos mércores

IX Ciclo Colexio de médicos

Sesión especial [+ Info]


No habitual tempo de distraccións que pode producir unha campaña electoral, suxerimos abstraernos por un momento da hiperrealidade representada.

Presentamos unha ducia de filmes que conxugan tenrura, reflexión e emoción. Non temos fe na realidade, mais non somos pesimistas como Calvino. A nosa cidade invisible habita nunha sala escura. Chámase Eutropia e non é unha cidade, senón moitas. Todas as que poidas imaxinar na penumbra, tan só tes que deixarte levar, quedar e voltar.




«Feb-Mar 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Non esquezades botarlle un ollo ao avance visual [.mp4 • 23'4 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción as follas de sala de cada filme.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata a semana santa, co rogo de atención que toda se desenvolve na Casa de cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).



Filmoteca de febreiro a marzo 2024

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante febreiro e marzo de 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]


Sesións de ciclo de febreiro e marzo de 2024

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante febreiro e marzo de 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]


08/01/24

Programación de xaneiro e febreiro de 2024

Filmoteca

Sesións dos mércores

Sesións maxistrais


O tempo non existe e só son as cousas que che pasan, por iso pasa tan rápido. Despois destas festas notarás unha luz dourada á tardiña ou unha mañá radiante. A monotonía fai que os días escorreguen sen deixar pegada. Dicía Manuel Vicent que non existe máis remedio para que o tempo se acomode máis amodo, que vivir paixóns novas, experiencias excitantes e cambios imprevistos na rutina diaria.

O ano pasado tiñamos a rutina dos mércores no Teatro principal e todo pasou moi rápido. Este ano sobresaltamos o hábito pola inconsistente resposta da dirección do teatro, para adquirir novos soños, imposibles e excitantes desexos (inconfesables), alleos de calquera envurullo imaxinario e para que a constume non se someta a unha vida anodina.

Que nos pasen cousas distintas como a un neno, aos nosos 54 anos...No medio desta aventura declaráronnos de Utilidade publica en agosto do ano pasado e seguemos sen axudas ou subvención municipal, porque tamén hai rutinas que non son de esquerdas nin de dereitas, supoño que estamos no centro do desprezo cultural municipal.




«Xan-Feb 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Non esquezades botarlle un ollo ao avance visual [.mp4 • 18'0 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción as follas de sala de cada filme, a memoria do ano anterior e unha convocatoria de asemblea (sábado 13/01/24), na sala de máquinas do cineclube.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata o entroido, co rogo de atención que toda se desenvolverá na Casa de cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).